Os vosos traballos

ÚLTIMO TRABALLO DE LINGUA

Este é o neno
que mercou a serpe
que comeu o rato
que papou o queixo
que había na nevera
que comprou  a pita
que chamou o coello
que comeu a herba 
que colleu a vaca
da miña tía Paca. 
CANDELA

 
Esta é a vaca
que comeu a herba
que caeu na perla
que parteu a roca
que tirou a farola
que comeu a foca
que mirou a cadela
que fotografiou Manuela
que envolvía a raqueta
de dona Josefa. 

Paloma

Esta é a nena
que colleu ó can
que abrazou ó gato
que mollou a golondrina
que atopou ó rato
que bicou á rata
que colleu a bolsa 
que gardaba o zapato do señor D. Pato.


SARA


 O RELOXIO
Sofía

O reloxio marca a hora
e o espertador a voz sonora.

Timbra para que me levante
que o sol está radiante.

O sol está entrando 
e eu estoume levantando.

Vou de camiño á cociña
para encher a barriguiña.

Pesimismo
Adrián

A televisión é negra,
a miña vida é fea.

Se algo tés,
lle perdes o interés.

O ordenador é gris,
bebo un pouco de anís.

O campo ten flores,
como a miña vida horrores.


AS MATEMÁTICAS
Noelia


As matemáticas son divertidas,
e ao mesmo tempo entretidas.


Cóntannos os profesores,
que existen múltiplos e divisores.


Xa estudamos as raíces e as potencias,
fixandonos ben nas diferenzas.


Un pequeno truco para atopar os divisores,
calcula ben os factores.


O MEU AVÓ
Candela


O meu avó no camiño,
cunha bota de viño.


Vai facer o magosto,
pero se é o mes de agosto!


Non atopa ourizos,
prefire asar chourizos.


O souto deixa limpiño,
e marcha coa súa bota de viño.




UN TRASNO VERDE
Sara

Un trasno verde vin no camiño
vai , asústase e métese no río Miño.

 Ao saír da auga todo empapado
vai e regálame un candado.

Eu mireino con toda ilusión
e vai e soa unha canción.

A  canción dicía que podía dicir
calquera desexo que quixese pedir.